O presidente da asociación, José Ramón Caldas, xunto coa secretaria xeral, Sonia Acuña, acudiron durante a tarde de onte ao acto de entrega do VIII Premio Executivas de Galicia organizado pola asociación Executivas de Galicia, no Museo Provincial de Pontevedra.

????O premio foi entregado á piragüista olímpica Teresa Portela, tanto en recoñecemento á súa destacada traxectoria deportiva como polo papel pioneiro nunha disciplina na que a presenza feminina foi “historicamente subestimada”.

????Na entrega do galardón participaron a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo López; o Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Euschinsky.

Parabéns Teresa, es un exemplo como deportista, como muller e como galega!! ????

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?