Axudas e subvencións
AXUDAS VIXENTES PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS – XANEIRO 2024
Novas axudas da Xunta de Galicia para as persoas traballadoras autónomas neste novo 2024 ????BONO AUTÓNOMO (TR341Q) Esta axuda ás persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade superior aos 42 meses, ten como obxecto impulsar a mellora da competitividade da súa...
É UNHA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA CON DESEXO DE VOLVER A EMPRENDER OU MUDAR DE SECTOR?
Próximamente a Xunta de Galicia abrirá o prazo para solicitar o Programa Nova Oportunidade, axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver a emprender no mesmo ou diferente sector. Con estas axudas o que se quere é facilitar a volta á actividade económica daquela persoa emprendedora que lle foi mal no seu negocio pero xa ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver a emprender.
TR341R – AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA
Concesión de axudas á conciliación da vida familiar a laboral de persoas traballadoras por conta propia que desenvolvan a sua actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Hoxe publícase no DOG a “cota cero” para todas as persoas que inicien a súa actividade como autónomos en Galicia
Hoxe publícase no DOG a ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.
A Xunta de Galicia subvencionará o 100 % das cotizacións dos primeiros 12 meses, e as novas altas deberán formalizarse entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024.
Establécense 2 liñas de axudas, compatibles entre si:
Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.
¿ERES AUTÓNOMO? SOLICITA ESTAS SUBVENCIÓNS ATA O 29 DE SETEMBRO
Bono autónomo, programa xempre autónomo, bono talento empresa, axudas destinadas á conciliación…. Este mes de setembro remata o prazo de solicitude para multitude de axudas dirixidas ao colectivo autónomo. E ti, xa sabes cal é a que máis te convén?
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN PRÁCTICA PROFESIONAL E FORMACIÓN PARA PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS (TR353C)
Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 de subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a mozos menores de 30 anos en situación de...