Este programa ten por obxeto a atención personalizada ás mulleres de áreas rurais e urbanas participantes en itinerarios individualizados que combinen diferentes accións como poden ser: orientación laboral, asesoramente, información, adquisición de competencias e habilidades transversais, e cuxa finalidade sexa facilitar a inserción laboral.

QUÉN SE PODERÁ BENEFICIAR?

Todas as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento de persoas desempregadas axustado ao seu perfil de empregabilidade en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

A QUÉN VAI DESTINADO?

Serán destinatarias deste programa as mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego de Galicia, residentes, preferentemente, en municipios de menos de 5.000 habitantes, que presenten necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional para poder acceder a un sector laboral concreto, preferentemente relacionado coa economía verde e dixital.

A selección das mulleres destinatarias do programa realizaraa o Servizo Público de Emprego.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES:

a) Diagnóstico de empregabilidade e itinerario personalizado de inserción.

b) Accións de orientación laboral e para facilitar a procura de emprego das participantes.

c) Accións formativas de cualificación e recualificación profesional.

d) Obradoiros de competencias e de empoderamento para a integración laboral e social das participantes e o reforzo da igualdade no acceso ao emprego.

e) Acompañamento durante o desenvolvemento do itinerario personalizado, así como acompañamento ao comezo da incorporación laboral.

f) Incentivos para a participante atendida pola contía e condicións regulados nesta orde.

g) Prospección do mercado laboral do territorio en que se desenvolva o programa, que permita a obtención de información actualizada sobre a situación económica e laboral da contorna, a identificación das necesidades de persoal do seu tecido empresarial e perfís laborais requiridos.

h) Captación de ofertas de emprego, así como a difusión do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano e a proposta da candidatura das participantes para cubrir as vacantes detectadas nas empresas, todo iso coa finalidade de cumprir o obxectivo de inserción laboral previsto no artigo 5.

OBXETIVOS A ACADAR:

a) O obxectivo global do programa diríxese a atender na Comunidade Autónoma de Galicia un total de 1097 mulleres desempregadas. O obxectivo particular da presente convocatoria é de 1047 mulleres atendidas.

b) Que as mulleres participantes no programa residan preferentemente en municipios de menos de 5.000 habitantes, (cando menos un terzo).

c) Que o 35 % das participantes no programa realice un itinerario individualizado orientado ao desenvolvemento de competencias e empregos verdes.

d) Que o 35 % das participantes no programa realice un itinerario individualizado orientado ao desenvolvemento de competencias e empregos dixitais.

e) Que, polo menos, o 20 % de mulleres participantes no itinerario individualizado en que se materializa o devandito programa logren a súa inserción profesional, por conta propia ou allea.

CANDO SE CONSIDERARÁ UNHA PARTICIPANTE COMO ATENDIDA?

Considerarase como atendida aquela muller que desenvolva un itinerario personalizado para a mellora da súa empregabilidade e acceso ao emprego.

a) Diagnóstico de empregabilidade, polo que deberase realizar previamente unha entrevista presencial ou telemática cunha duración mínima dunha hora.

b) Deseño do itinerario personalizado en que se recolla o proceso máis axeitado para o seu acceso ao emprego.

c) Participación en accións formativas de cualificación e recualificación profesional.

d) Obradoiro de competencias dixitais que mellore o nivel dos coñecementos.

e) Seguimento e acompañamento da participante, que incluirá, polo menos, dous acompañamentos de entre os seguintes:

– Os realizados durante o desenvolvemento do itinerario personalizado.

– Os realizados en relación coa mellora da empregabilidade.

– Os realizados ao inicio da incorporación laboral.

Ademais das actuacións recibidas persoalmente polas mulleres atendidas, a entidade deberá acreditar que realizou a actividade de prospección laboral no seu ámbito.

CANDO SE CONSIDERARÁ UNHA PARTICIPANTE COMO INSERTADA?

  • Que se incorpore ao mercado laboral por conta propia ou por conta allea.
  • Que acredite a cotización no correspondente réxime da Seguridade Social polo menos durante 90 días, non necesariamente continuado.

CONTÍA:

a) A cantidade que se percibirá por muller atendida será de 1.715 euros, na cal vai incluída a contía de 400 euros correspondente ao incentivo que a entidade promotora deberá aboar a cada participante que acade a consideración de atendida, así como todos os gastos de materiais, técnicos, de publicidade, formación das participantes, formación do persoal que atende as mulleres participantes ou calquera outro custo derivado da execución do proxecto.

b) Á cantidade indicada no punto anterior engadirase unha contía de 2.500 euros que se percibirá por muller inserida no mercado de traballo, tanto por conta propia como por conta allea, que previamente tivese a condición de atendida. Con esta cantidade adicional, só se subvencionará o 20 % das participantes que logren inserirse no mercado laboral.

DURACIÓN DO PROGRAMA:

A duración do programa, así como o prazo de execución das actuacións previstas nel, será de 12 meses. Tanto a data de inicio do programa como a da súa finalización estableceranse na resolución de concesión da subvención. Non obstante o anterior, e só para o suposto do cómputo da inserción das mulleres participantes no programa, teranse en conta os tres meses posteriores á data de finalización do programa.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo para a presentación de solicitudes comprenderá dende o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e que comprende o período do 24 de agosto ata o 16 de outubro de 2023.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

PUBLICACIÓN NO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230823/AnuncioG0656-070823-0001_gl.html_

Se tes calquera dúbida ou consulta contacta con nós:

????info@apegalicia.es
????986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?