Este 29 de setembro remata o prazo de solicitude para moitas das axudas anuales do colectivo autónomo.
Hoxe contámosche de que trata cada unha de elas para que solicites a que máis te convén se non o fixeches xa.

BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS (TR341Q):

Axuda ás persoas traballadoras autónomas para a mellora da competitividade da actividade empresaria a través do financimamento de material como pode ser: maquinaria, reforma do local ou negocio, equipamento informático, material de oficina, rótulos, aplicacións informáticas, webs, apps, redes sociais ou, deseño de marca. Esta axuda cobre o gasto sempre e cando esté realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación de solicitude.

Para máis información e formulario de solicitude:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q

PROGRAMA XEMPRE AUTÓNOMO (TR341D):

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Para máis información e formulario de solicitude:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D

INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPLEO DE BASE TECNOLÓXICA – IEBT (TR340E):

Estos incentivos son para as empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego con base tecnolóxica. A finalidade é impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para máis información e formulario de solicitude:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR340E

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA (TR341R):

A finalidade de este grupo de axudas é que as persoas traballadoras por conta propia teñan facilidades á hora de conciliar a vida familiar e laboral. Para iso, conta con tres plans de axuda diferente que dan apoio á contratación de persoal ou centro de coidado.

Para máis información e formulario de solicitude:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR341R

BONOS TALENTO EMPRESA (TR302D):

Destinados á formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxeto mellorar as capacidades das empresas e contribuir o desenvolvemento profesional. Estas formacións deben de contar cun máximo de 3 accións formativa de entre 16 e 100 horas.

ℹ ????O prazo remata para as solicitudes de proxectos formativos que se desenvolvan únicamente no ano 2023!!!

Para máis información e formulario de solicitude:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR302D&ano=2023&numpub=1&lang=es

_

????info@apegalicia.es
????986 891 657