Novas axudas da Xunta de Galicia para as persoas traballadoras autónomas neste novo 2024

????BONO AUTÓNOMO (TR341Q)

Esta axuda ás persoas traballadoras autónomas cunha antigüidade superior aos 42 meses, ten como obxecto impulsar a mellora da competitividade da súa actividade empresarial mediante a subvención de diferentes accións:

  • Compra de maquinaria, utillaxe e ferramentas
  • Mellora da eficiencia enerxética
  • Substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
  • Reforma do local do negocio
  • Equipamento informático ou de oficina
  • Rótulos
  • Aplicacións informáticas, webs, apps e rrss
  • Deseño de marca

O gasto para poder optar a este subvención debe de estar realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data de presentación de solicitude.

Contía: a axuda será do 60% do investimento, sendo o importe máximo 7.000 euros

Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q

????PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE (TR790A)

É unha axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron a súa actividade e queren volver a emprender no mesmo ou en diferente sector.

Qué requisitos debes cumprir?

  • Ter causado alta no RETA
  • Ter cotizado anteriormente un mínimo de 3 meses ininterrompidos
  • Estar inscrito como demandante de emprego sen ocupación efectiva
  • Non ter contrato laboral en vigor
  • Ter transcorridos un mínimo de 3 meses entre a nova alta e a anterior baixa
  • Ter iniciada actividade con anterioridade

Contía: 7.500 euros, cun incremento de 500 se a persoa beneficiaria é unha muller.

Prazo de solicitude: Ata o 31 de outubro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR790A&anno=2022&numPu…

????PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axudas económicas a persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade profesional como persoas traballadoras autónomas en Galicia.

2 liñas de axuda compatibles entre si: 

  • Liña 1 – unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma. A contía será de 2.000 euros cun incremento de 4.000 euros se a persoa pertence a algún colectivo vulnerable como ser menor de 30 años, persoa
  • Liña 2 – unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida

Contía:

Para a liña 1  a contía será de 2.000 euros, incrementando a 4.000 se a persoa pertence a algún destos colectivos:

a) menor de 30 anos
b) persoa desempregada de longa duración
c) persoa desempregada con discapacidade ou situación de dependencia
d) persoa desempregada en situación ou risco de exclusión social
e) persoas desempregadas cunha condición de emigrante retornada ou con condición de estranxeira
f) persoas maiores de 45 anos (non aplicable ás persoas maiores de 52)

Ademais a contía base correspondente incrementará nun 15% nos seguintes casos:

a) a persoa incorporada é muller
b) Centro de traballo nun concello rural
c) maiores de 52 anos
d) persoas trans
e) Sectores nos que a muller estea subrepresentada

Estos incrementos son acumulables, polo que a contía máxima posible é de 7.000 euros

Para a liña 2 a axuda será a equivalente á contía da cota mensual reducida sufragada pola persoa beneficiaria multiplicada por 12 é dicir, 960 euros.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D

????BONO ENERXÍA PEME (IN417Z)

Subvenciónanse inversións en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Accións á subvencionar:

  • Bono asesoramento: diagnóstico e auditoría para a mellora enerxética
  • Bono envolvente: elementos de control solar como toldos de cor branco ou negro
  • Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e exterior
  • Bonos instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas
  • Bono equipo: renovador de equipos consimidores de enerxía
  • Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía en instalacións de climatización, ventilación ou, auga quente

Contía: subvencionarase ata un 80% do total da inversión

Prazo de solicitude: Ata o 26 de xuño

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Z

????PLAN GALICIA EMPREGA (TR342C)

Axudas para a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente das que teñen maior dificultade de inserción laboral.

Accións subvencionables:

  • Contratacións indefinidas iniciais
  • Incremento da xornada indefinida, pasando de parcial a tempo completo
  • Incremento da duración anual dos contratos fixos discontinuos
  • Adaptación dos postos de traballo para a persoa con discapacidade contratada

Colectivos a contratar: 

  • Persoas mozas
  • Persoas paradas de longa duración
  • Persoas de 52 ou máis idade
  • Perosas emigrantes retornadas ou estranxeiras
  • Mulleres
  • Persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

Contía: un máximo de 24.500 euros por contrato para contratación indefinida inicial; cun incentivo de ata 3.000 euros se se trata dun incremento de xornada das contratacións indefinidas inciciais e; 4.000 euros por cada persoa traballadora para accións formativas no centro de traballo.

Prazo de solicitude: Ata o 29 de setembro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342C

????MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS TURÍSTICAS E DE RESTAURACIÓN  (TU503A)

Incentivos para a mellora das infraestructuras dos establecementos de aloxamento e restauración.

Gastos subvencionables:

  • Equipamentos mobles necesarios
  • Renovación e modernización
  • Mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas
  • Dixitalización
  • Mellora da climatización
  • Mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde

Quén pode solicitala? Establecementos hosteleiros, campamentos turísticos, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues e, restaurantes

Contía: O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase á persoa solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite

Prazo de solicitude: Ata o 19 de febreiro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A

????ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN(TR301P)

Financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinadas á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas. Estarán dirixidas á adquisión e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

Características:

  • Cada acción formativa cun compromiso de contratación dun mínimo do 60% do alumnado aprobado e/ou formado en contratos dunha duración mínima de 6 meses
  • Para contratos de duración superior ou igual a 12 meses será do 40%
  • O máximo de participantes por accións formativa será de 15 persoas

Contía: Imputarase un crédito total de 8.000.000

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro

????Formulario de solicitude e información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR301P

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?