Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 de subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a mozos menores de 30 anos en situación de desemprego un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego (código de procedemento TR353C).

O programa ten 2 liñas de actuación:

  • Programa de prácticas: Mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, conforme ao establecido na Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional; así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinos artísticos ou deportivos do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.
  • Programa de formación en alternancia: Mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional regulada no punto 3.a). Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivesen outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.A selección e a contratación das persoas mozas participantes no programa pode realizarse directamente pola persoa empregadora ou empresa beneficiaria, ou a través da presentación de oferta de emprego na oficina de emprego que corresponda.

Quén se poderá beneficiar?

Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea. Tamén poden ser beneficiarias os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral.

Gastos subvencionables:

  1. Serán subvencionables ao amparo desde programa: As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional e ass contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos de formación en alternancia.
  2. Os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.
  3. Serán subvencionables nas modalidades de contrato para a obtención de práctica profesional e de contrato de formación en alternancia tanto as novas contratacións como as contratacións realizadas con anterioridade á solicitude de axudas, sempre que se cumpran todos os requisitos recolleitos nesta orde. O período durante o que se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables será desde o 16 de outubro de 2022 ata o 30 de novembro de 2023.
  4. No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas finalizará aos vinte días hábiles seguintes ao da recepción da notificación da concesión da axuda, e en todo caso o 30 de novembro de 2023
  5. Igualmente, serán subvencionables ao amparo deste programa os incentivos á formación en competencias brandas de cada unha das persoas que sexan contratadas ao amparo desta convocatoria cunha duración mínima de 60 horas.

Persoas destinatarias:

1.  Poderán ser persoas destinatarias aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da contratación para calquer modalidade:

a) Que cumprisen os 16 anos e non superen os 30 no momento da contratación.

b) Que estean desempregadas e rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación

2.     No caso de persoas que vaian a ser contratafas na modalidade de obtención de práctica profesional deberán cumplir ademáis os siguientes requisitos:

a) Posesión dalgunha titulación:

– Título universitario: grao, máster ou doutoramento

– Título de grao medio ou superior

– Especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional

– Título equivalente de ensinos artísticos ou deportivos do sistema educativo, que habilite ou capacite para o exercicio da actividade laboral

b) O contrato de traballo para a obtención de práctica profesional deberá concertarse dentro dos tres anos, ou dos cinco anos se se formaliza cunha persoa con discapacidade, seguintes á terminación dos correspondentes estudos.

3.    No caso de persoas que vaian ser contratadas na modalidade de formación en alternancia deberán cumprir ademáis:

a)Carecer da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención da práctica profesional.

Características da axuda:

1. A formación terá por obxecto a mellora e/a adquisición de competencias profesionais brandas. A entidade solicitante deberá presentar un proxecto de formación (anexo II) sobre unha ou varias das seguintes temáticas (sen ánimo de exhaustividad):

a) Competencias brandas esenciais: traballo en equipo, resolución de conflitos, comunicación interpersoal, liderado.
b) Competencias brandas para o desenvolvemento profesional.
c) Intelixencia social e Interacción positiva no traballo.

Desde o principio do programa, a persoa traballadora compatibilizará durante a xornada laboral a formación en competencias brandas coa realización dun traballo efectivo nun centro de traballo da entidade beneficiaria, de maneira que esta formación complemente a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral futura.

2. Os centros nos que se desenvolva a formación en competencias brandas deberán estar situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O programa de formación iniciarase en calquera momento desde o inicio do contrato e finalizará como máximo o 22 de decembro de 2023. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles desde que finalice devandito programa de formación e como data máxima o 29 de decembro de 2023, deberá presentarse a súa xustificación, conforme ao disposto no artigo 25.


Contía:

A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de:

1. Incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa:

1.1) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

1.2) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.

1.3) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €.

2. Incentivo á formación: Por cada persoa nova contratada, para a impartición dun programa formativo en competencias brandas, cunha duración mínima de 60 horas:

2.1) 1.2000€ para formación presencial

2.2) 1.000€ para teleformación

Forma e prazo de presentación: 

O prazo de presentación comenzará a partir do día seguinte ao da publicación no DOG e que comprende o período do 25 de agosto ao 2 de outubro de 2023.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Publicacion no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230824/AnuncioG0656-090823-0001_es.html
_

????info@apegalicia.es
????986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?