APE Galicia celebrou este sábado 16 de decembro o XIII Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas de Galicia con preto de 200 persoas invitadas relacionadas co mundo do traballo por conta propia.

No evento, que tivo lugar un ano máis no Hotel Carlos I de Sanxenxo, fíxose entrega dos galardóns a 8 persoas traballadoras autónomas de diferentes sectores e localidades da nosa comunidade, para recoñecer desta maneira a súa traxectoria profesional e o esforzo realizado para sacar adiante ás súas empresas e proxectos. Este ano, tamén se fixo entrega de duas insignias de ouro en agradecemento á colaboración e apoio con esta entidade. Posteriormente, deu comezo unha cea homenaxe ás persoas homenaxeadas.

Un ano máis, APE Galicia puxo en valor o esforzo e traballo de oito persoas traballadoras galegas, en representación ó colectivo, que este ano foron:

  • D. Luis González Rey, de Error Ferrol, en a Coruña. Con tan só 13 anos emprendeu o seu primeiro negocio dende a súa habitación: un servicio de aloxamiento web, radio e servidor de xogos. Aos 15 años xa contaba con clientes importantes como a Radio Catalana. Tras pasar por varias empresas foise facendo a sí mesmo ata que no ano 2012 nace Error Ferrol, un Servicio Técnico Informático e de Telefonía con venta de compoñentes. En Luis temos un claro exemplo de que a constancia e a ilusión son clave para conseguir os propósitos. Entregan este galardón Dna. Margarita Ardao Rodríguez, Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego e Dna. Ana Prego Rodríguez, Vicepresidenta de APE Galicia por Coruña.
  • O segundo premio, entregado por D. Luis López Diéguez, Presidente da Diputación de Pontevedra e Dna. Chus García Diéguez, Xerente de AEDEZA, recaeu na lalilense Dna. Patricia Galego García, de Qichen Biococina. Patricia, dietista e nutricionista, reinventa a comida saudable buscando receitas nutritivas e respetuosas ca natureza. Ademáis da asesoría dietético nutricional conta cun aula de biocociña e saúde para nenos e adultos e, un laboratorio taller gastronómico para a creación de novos productos de km0.
  • Dna. Teresa Rodríguez Bartolomé, propietaria da parafarmacia Farmarró en Santiago de Compostela, recibiu o terceiro garlardón da noite entregado por Dna. Blanca García-Señoráns Álvarez, Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia e D. José Ángel Blanco Núñez, Xerente do CCA Compostela Monumental. Teresa, antes de rexentar esta farmacia xunto ca súa amiga, xa había fundado no ano 1996 una das dez primeiras parafarmacias non franquiadas en España. Ademáis, vinculada co mundo asociativo, formou parte da directiva de Compostela Monumental entre o ano 1996 e 1999.
  • O cuarto premio outorgóuselle a Dna. Yolanda Castro Vázquez e D. Julio Vila Pérez do Grupo Vila Castro, en Ourense. Esta asesoría nace da unión dos apelidos de Julio e Yolanda. Inda que os comezos non foron sinxelos, pois os dous traballaban nunha multinacional en Madrid decidiron deixalo todo e voltar a súa terra: Galicia. Este ano celebran felices o seu 35 aniversario. Por motivos persoais, recolle o gardón a súa filla Sabela, entregado por Dna. Patricia Villajos Grande, Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia (IGAPE) e D. David Martínez Alonso, Vicepresidente de APE Galicia por Ourense.
  • En quinto lugar entregoúselle o premio a D. Luis Abelleira Álvarez, de AEROLUGO. Dna. Sandra Vázquez Domínguez, Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e D. Luis Abelleira Mayor, Vicepresidente de APE Galicia por Lugo foron os encargados desta entrega. Tras estudar Enxeñería Industrial en Madrid, Luis volve á súa cidade natal da que nunca se desvinculou. Alí, non sen esforzo e constancia, fixo crecer Actividades Aeronáuticas Lucenses, o taller aeronaútico familiar, conseguindo como clientes a toda a aviación de Galicia, Asturias, Castela e León e, tocando clientes doutros países como Portugal ou Holanda. Ademais consegue a xestión documental de escolas de pilotos de toda España e impartir os primeiros cursos de drons. No ano 2016 tras asinar un acordo coa Consellería de Educación, poñen en marcha o primeiro Ciclo Superior en Galicia de Mantemento Aeromecánico de Avións.
  • A seguinte premiada foi Dna. Inés Jul López, de Ganadería CURRÁS XIÁ en Friol (Lugo). Fixeron a  entrega deste galardón D. Alberto Fuentes Losada, Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e D. Enrique Fontán Hermida, Vicepresidente de APE Galicia por Pontevedra. Inés Jul López, realizou un ciclo de Formación Profesional de peluquería e estética en Lugo. Tras traballar algúns anos no sector, no 2010 decidiu dar o paso e regresar ó negocio familiar do que nunca se había desvinculado. Con tan só 34 anos, forma parte da empresa familiar e durante a súa xestión conseguiu duplicar as cabezas de gando e a producción de leite anual (contando con 300 cabezas de gando e producindo case 2 millóns de litros de leite ao ano). Inés apunta pola innovación ligada ao benestar animal e a sustentabilidade dende a base reducindo a pegada de carbono, o que sitúa esta granxa como unha das máis eficientes da zona. Sen dúbida un claro exemplo de relevo xeneracional exitoso!
  • O séptimo galardón recibeo Dna. Carmen Vázquez Nores, da Confraría de Pescadores de Lourizán, Pontevedra. D. Alfonso Villares Bermúdez, Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia e D. Iago Tomé Blanco, Vicepresidente da Federación Galega de Cofradías de Pescadores e Patrón Maior da Cofradía de Raxó fan entrega deste tan merecido premio. Ademáis de ser mariscadora dende o ano 1996, Carmen é unha das tres mulleres que exerce o cargo de Patrona Maior dunha confraría en Galicia. Ademáis, na actualidade exerce a presidencia da Lonxa de Campelo e do GALP Ría de Pontevedra e, é membro da executiva da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra.
  • O último premiado da noite foi D. Omar Rodríguez Ocampo do Restaurante Pazo Coruña de Madrid. Entregan o galardón Dna. María Deza, Primeira Tenente Alcalde do Concello de Sanxenxo e D. José Ramón Caldas Martínez, presidente de APE Galicia. Quén recolle este premio é D. José Luis Caba Noblejas. A historia deste restaurante ten os seus inicios a principios dos anos 60 en Brasil, cando unha pontevedresa e un ourensán deciden formar unha familia. Tras moito vagar voltan a Madrid, creando Bar Coruña nos anos 80. É así, como aos poucos, van cambiando a localización e os metros dos locais ata conseguir o que hoxe coñecemos como un dos referentes de comida galega en Madrid: o Pazo Coruña.

Doutra banda, dende APE Galicia tamén se quixo facer un recoñecemento a dúas persoas que no seu día ocuparon un papel clave na asociación: José Manuel Rodríguez Simón, Secretrio Xeral de ATRA e Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego Traballo Autónomo e Economía Social, que recibiron cada un a súa insignia de ouro como agradecemento á colaboración e apoio con esta entidade.

O Presidente de APE Galicia, D. José Ramón Caldas Martínez, aproveitou o seu discurso para recordar o que implica ser autónomo: responsabilidade, noites sen durmir, traballo, esforzo, xerar emprego… e deixar claro que os premiados da noite son solo “unha representación de outros moitos homes e mulleres que sosteñen a economía da nosa terra e do noso país”

O Congreso, foi inaugurado por Dna. María Deza, Primeira Tenente Alcalde do Concello de Sanxenxo en representación do Alcalde D. Telmo Martín, que se atopaba de viaxe durante esa fin de semana.

Ao Congreso asistiron D. Alfonso Villares Bermúdez, Conselleiro do Mar, que puxo de relevo o compromiso do Goberno galego cos 214.000 profesionais autónomos que hai nesta nosa comunidade; D. Luis López Dieguez, Presidente da Deputación de Pontevedra, quén remarcou a importancia da Deputación para favorecer o emprendemento na provincia; Blanca García-Señoráns Álvarez, Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias; Dna. Sandra Vázquez Domínguez, Secretaría Xeral de Igualdade; D. Alberto Fuentes Losada, Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; D. Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego Traballo Autónomo e Economía Social; Dna. Patricia Villajos Grande, Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia (IGAPE); así como diversos directores xerais da Xunta de Galicia, representantes dos concellos veciños, da policía autonómica, da policía nacional, delegados da escola naval, decanos de universidades e outras autoridades.

 

Ademáis, tamén estiveron presentes autónomos e autónomas de toda Galicia e representantes das asociacións vinculadas a APE Galicia: persoas coas que traballamos día a día para outorgarlle o mellor servicio ao colectivo autónomo, en canto a formación e emprego.

 

Este evento, que vai pola XIII edición ten como obxectivo principal recoñecer, visibilizar e homenaxear a labor do colectivo autónomo, que en Galicia representa o 98% do tecido empresarial, e que contribúe á creación de riqueza e emprego nesta nosa comunidade. APE Galicia traballa a diario para impulsar, defender e mellorar as condicións deste colectivo, un sector que, sen dúbida ten moito futuro.

_

Podes ver todas a imaxes da gala na nosas redes sociais:

Instagram: @ape_galicia

Facebook: @apegalicia