O número de persoas rexistradas nas oficinas do Servicio Público de Emprego no mes de xullo aumentou en España con respecto ao mes anterior en 3.230 persoas, un 0,1% máis en relación co mes anterior, situándose en 2.883.812 persoas, que se trata da cifra máis baixa nun mes de xullo dende o ano 2008. Se o comparamos con xullo de 2021, cando había un total de 3.416.498 persoas paradas, produciuse un descenso de 532.683 persoas.

Pola súa banda, en canto aos contratos rexistrados durante o mes de xullo, estes sitúanse en 1.665.515 (113.473 menos que o mes anterior), dos que un 41,44% son de carácter indefinido.

Datos en Galicia

Persoas paradas en Galicia

En concreto en Galicia, os datos son máis favorables que a nivel estatal, o paro sitúase en 139.850 persoas, das cales 82.229 son mulleres e 57.621 son homes.  Esta cifra supón un total 1.082 persoas paradas menos que o mes pasado (un 0,77% menos) e 12.084 persoas menos que en xullo do ano pasado. Ademais, destaca de forma positiva que a comunidade galega se sitúa como a cuarta rexión na que máis descende o desemprego tanto en termos relativos como absolutos, por detrás da Comunidade Valenciana, Andalucía e Asturias.

Os datos en Galicia son realmente optimistas xa que se trata da cifra máis baixa de persoas paradas en Galicia de toda a serie histórica dende 1996 e amosan unha clara tendencia de descenso de persoas rexistradas no SEPE e un incremento do número de contratos.

Se analizamos por sectores, os peores datos en canto ao número de persoas paradas recólleo o sector servizos con 99.066 parados (280 máis que o mes anterior), en segundo lugar sitúase a industria con 14.743 persoas paradas (395 menos que en xuño), seguido do sector da construción con 9.878 parados (272 menos que o mes pasado) e, en último lugar, está a agricultura con 4.864 persoas paradas (205 menos que en xuño).

Se nos centramos nas provincias galegas, A Coruña sitúase como a provincia cun maior número de persoas rexistradas no SEPE ascendendo esta cifra a 55.753 persoas (554 menos que en xuño), Pontevedra estaría en segunda posición con 54.054 persoas paradas (866 menos que en xuño), o número de parados en Ourense é de 16.564 (179 máis que o mes pasado) e o Lugo ten rexistradas 13.479 persoas paradas (159 máis que en xuño).

Evolución dos contratos en Galicia

En Galicia os contratos rexistrados ascenden a 86.723 (o que supón unha subida de 6.381 con respecto ao mes pasado), dos cales 30.109 foron contratos indefinidos.

Máis polo miúdo, o número de novos contratos ascendeu en todas as provincias da comunidade, na Coruña rexistráronse 35.500 contratos (1.796 máis que en xuño), en Pontevedra 34.526 (2.433 máis que o mes anterior), En Lugo 9.899 (1.580 máis que o mes pasado), e en Ourense 6.798 (572 máis que en xuño).

Réxime autónomos

 

En canto ao réxime especial de autónomosen Galicia tamén se produciu un aumento do número de afiliadossituándose este mes de xullo nun total de 208.020 autónomos, o que supón 111 persoas máis que o mes pasado.

Se analizamos por sectores, os que sufriron un maior descenso de afiliados no réxime especial de autónomos foron a educación (-123), agricultura (-92), actividades sanitarias e servicios sociais (-30), comercio ao por maior e por menos (-25) e actividades financeiras e de seguros (11). Doutra banda, o sector que experimentou un maior número de altas foi a hostalería con 266 persoas afiliadas máis con respecto ao mes de xuño.

Se desglosamos os datos por provincias, A Coruña e Pontevedra aumentaron o número de persoas autónomas, con 62 e 189 afiliados máis respectivamente. E Ourense e Lugo diminuíron o número de persoas pertencentes ao réxime especial de autónomos, con 76 e 64 persoas menos respectivamente.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?