Segundo os datos publicados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o número de altas e baixas de persoas afiliadas no réxime oficial de autónomos en Galicia presenta un saldo positivo, cun incremento de afiliados con respecto ao mes pasado de máis de 100 persoas. En concreto, en toda Galicia producíronse 3.348 altas e 3.237 baixas, situándose actualmente o número de afiliados no réxime oficial de autónomos en 208.020 persoas (o mes pasado era de 207.909 afiliados e afiliadas).
Se analizamos os datos provincia a provincia, A Coruña e Pontevedra presentan un incremento das altas, mentres que Lugo e Ourense teñen tendencia á baixa. Máis polo miúdo, En Pontevedra producíronse 1.394 altas e 1.205 baixas, situándose o número de afiliados en 67.875. No que respecta á Coruña houbo un total de 1.339 altas e 1.277 baixas, cun total de 84.756 persoas adscritas ao réxime especial de autónomos. Nas provincias de Ourense e Lugo os datos foron menos favorables ao rexistrarse 324 e 291 altas e 400 e 355 baixas, respectivamente.
A nivel estatal, os datos tamén son negativos, ao producirse 71.049 altas e 71.598 baixas, situándose o número total de autónomas e autónomos en 3.337.846.