O pasado sábado, dende APE Galicia representada por Jose Ramón Caldas, presidente da asociación e Silvia Crespo, tivemos a honra de asistir á gala anual da Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos de Pontevedra (ATRA), celebrada no Balneario de Mondariz.
Foi unha velada emotiva e chea de significado, na que se homenaxeou á directiva saínte, encabezada polo seu presidente, Enrique Fontán, en recoñecemento á súa entrega e labor ao longo destes anos.
Nun ambiente de unión e compañeirismo, o acto contou coa presenza de representantes institucionais como Marisa Domínguez, Nava Castro e Pablo Fernández, que arrouparon á asociación e puxeron en valor o papel do sector da automoción na economía galega.
Desde APE Galicia seguimos apoiando e acompañando ao tecido empresarial, convencidos de que o traballo conxunto e o recoñecemento á traxectoria son claves para construír un futuro sólido e competitivo.