Esta mañá levouse a cabo a firma do convenio colaborador entre a Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) e a Asociación de Hosteleros de Pontevedra, Poio y Marín (HOEMPO), co que as dúas asociacións pretenden axuntar esforzos para apoiar ao sector da hostalería, tan castigado pola crise do Covid-19.
A secretaria HOEMPO, Elena Vitoria, que foi a encargada de firmar esta alianza en representación do presidente da entidade, Victor Pampín, co presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e en presenza da secretaria técnica, Sonia Acuña, valorou positivamente este acordo para os intereses dos seus asociados xa que con el pretenden acadar “o respaldo e o crédito que necesitan para seguir medrando na súa labor”.
Segundo Elena Vitoria, “a crise sanitaria xurdida polo coronavirus non vai mellorar nos próximos meses” polo que se espera “unha situación moi delicada para a hostalería tanto a nivel emocional como económico”. A secretaria de HOEMPO prevé o cerre de moitos establecementos e un alto endeudamento polo que a súa entidade ten que “facer todo o que teña nas súas máns para paliar os efectos negativos da crise sanitaria na hostalería e buscar alternativas e apoios nas institucións públicas”.
Deste xeito, a firma deste convenio colaborador entre APE Galicia e HOEMPO supón unha aposta máis para defender os intereses das persoas autónomas.