O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, compareceu esta mañá xunto o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para explicar a cidadanía galega as medidas adoptadas para comezar a partir do próximo venres coa descalada das medidas restritivas que se aplican dende hai un mes en Galicia.
Trala reunión de onte co comité clínico de expertos que asesora ao Goberno galego e analizar os resultados “maioritariamente” positivos que se acadaron polas “medidas moi restritivas” que se adoptaron fai case un mes, Núñez Feijoo anunciou que a partir deste venres as 00:00 horas “iniciarase un proceso desescalada” en catro niveis de intesidade segundo os diferentes indicadores de incidencia do covid en cada unha das zonas.
NIVEL RESTRICCIÓN MEDIA – ALTA
Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia entre 150 e 250 en 14 días por 100.000 habitantes, que son os seguintes concellos: Almendras Ferrol, Vigo e Vilagarcía; Lugo, Lalín, Cangas, Meis, Meaño e Ribadumia.
A hostelería poderá abrir cun aforo de 30% interior e 50% exterior ata as 17 horas e agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non.
NIVEL RESTRICCIÓN MEDIA
Concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia entre 100 e 150 e nos de menos habitantes cunha incidencia entre 150 a 250, sendo estos concellos Almendra de A Coruña, Burela, Laxe, Barro, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.
Apertura da hostalería ata as 23 horas, cun aforo do 40% no interior e do 50% no exterior e reunións de máximo 6 persoas.
NIVEL RESTRICCIÓN BAIXA
Incidencia por debaixo de 100 nos concellos de máis de 10.000 habitantes e de 150 nos de menos, sen limitación de movilidade, volvendo a situación anterior do 7 de novembro. Os concellos son Almendras de Santiago, Ourense e o resto de concellos que ata agora estaban sen restricións.
A hostelería abrirá un 50% no interior e un 75% no exterior ata as 23 horas e reunións máximas de 6 persoas.
Nas próximas semanas, a Xunta analizará os datos da nova situación para tomar novas decisións cara o Nadal, polo que o presidente da Xunta pide prudencia e responsabilidade aos galegos nesta nova situación.