As organizacións de autónomos están a negociar con Facenda un novo «réxime de franquía do IVE».

O obxectivo é eliminar a obriga de incluír o IVE nas facturas emitidas por todos aqueles traballadores por conta propia que facturen menos de 85.000 euros anuais ou 100.000 se se inclúen operacións intracomunitarias.

Deste xeito, todos aqueles autónomos que facturen menos de 85.000 euros ao ano (100.000 euros se se inclúen operacións intracomunitarias) só terían que presentar unha declaración anual das súas vendas, demostrando así que cumpren os límites e que non están suxeitos a este imposto indirecto.
Un dos aspectos máis importantes á hora de acollerse a este novo “réxime de franquía do IVE” é valorar se sería interesante ou non para o autónomo. Isto vai depender en gran parte do tipo de actividade que realice.

¿Cales son os beneficios?
Os autónomos deixarían de ter que presentar as declaracións trimestrais do imposto. Iso si, quedarían suxeitos a unha profusa declaración informativa anual sobre as súas operacións. A idea é acabar con gran parte da burocracia e os trámites que se realizan na actualidade de forma trimestral, simplificando notablemente o proceso. Deste xeito, non haberá IVE repercutivo nin soportado, polo que non será necesario gardar as facturas.

¿Cando entrará en vigor?
A idea é comenzar a aplicar este novo réxime a partir de xaneiro de 2024.

_

????info@apegalicia.es

????986 891 657

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?