Esta mañá ao Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Pablo Fernández López visitou a nosa sede principal en Pontevedra.
Durante esta visita, Pablo Fernández tamén aproveitou para intercambiar impresións cos alumnos e alumnas en situación de desemprego, que cursan o certificado de profesionalidade de “xestión de chamadas de teleasistencia”, financiado pola Xunta de Galicia, e fixo referencia á importancia da formación, e o necesario e urxente que resulta cubrir determinados postos de traballo en diferentes sectores na nosa comunidade, asegurando que a consellería segue no empreño de deseñar políticas activas de emprego enfocadas a impulsar o traballo autónomo, o emprendemento e a contratación entre os colectivos con máis dificultades para atopar un traballo.
Durante casi hora e media que durou esta visita, Pablo Fernandez e o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto coa secretaria xeral desta entidade, aproveitaron para reunirse e tratar temas relacionados coa situación que está a atravesar o colectivo autónomo na actualidade, e a súa preocupación pola eliminación, por parte do goberno central, do alivio fiscal que ata agora viñan tendo as persoas traballadoras autónomas que cotizan en módulos, pois según o proxecto de orde publicada polo Ministerio de Hacienda estes días, dita redución para calcular o rendemento neto volverá o ano que vén ao 5 %, tras ser incrementada ao 15 % no 2022 e ao 10 % neste exercicio.
José Ramón Caldas ofreceu a colaboración da entidade que preside, e recalcou que “dende APE Galicia queremos ser o nexo de unión entre a administración e o colectivo autónomo, a ponte necesaria para establecer sinerxias, sendo necesario non esquencer o peso e a importancia de autonomos e pemes na nosa comunidade”