A secretaria técnica executiva de APE Galicia, Sonia Acuña, concedeu unha entrevista ao director de esRadio Galicia, Ignacio Balbao, onde fixeron un repaso da situación que están atravesar os máis de doscentas mil persoas traballadoras autónomas en Galicia, sobre todo pola situación xurdida pola crise do Covid-19, e os retos aos que se afronta a asociación neste ano 2021.
Así, Sonia Acuña, falou sobre APE Galicia, unha asociación de autónomos e pequenas empresas cen por cento galega con 65.000 autónomos agrupados ao redor de cen asociacións asociadas, e que está presente na Mesa do Emprego Autónomo xunto a ATA Galicia e Agtamar e presidida pola Consellería de Emprego e Igualdade, onde estiveron diseñando o Segundo Plan de Rescate a autónomos, microempresas e hostalería da Xunta de Galicia.
Sobre este plan, a secretaria técnica quixo destacar a necesidade de que os beneficiarios reciban as axudas canto antes xa que as necesitan con urxencia neste difícil momento, polo que a facilidade e axilidade na tramitación e o pago es primordial.
Neste sentido, lembrou Acuña, a Xunta xa ven coa experiencia do primeiro plan e demostrou que foi excelente nestes aspectos, por iso, lamentou a actitude tanto de deputacións como dos concellos que perderon a oportunidade de apoiar ao sector colaborando neste segundo plan por non estar de acordo en que a Administración Autonómica xestionara os fondos.
A pesar de que actualmente os problemas derivados pola pandemia centran a maior parte da actividade da asociación, a representante de APE Galicia comentou tamén outras tarefas que levan a cabo como a formación, a información, as charlas… todo dirixido a apoiar e axudar tanto as persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas de Galicia.
Ao respecto da formación, o director de esRadio Galicia quixo saber cal era a necesidade máis destacable entre os autónomos ao que a secretaria técnica executiva non dubidou en responder que a súa dixitalización, o que quedou máis que de manifesto na nova realidade, e que unha das apostas tanto da asociación como da Xunta de Galicia para este ano 2021.
Escoita o audio da entrevista: https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2021-02-04/entrevista-a-sonia-acuna-6705426.html?fbclid=IwAR0lA7F1kcomURJrACGf3gy9gZ5thtwJWdRhM-2b1rVwbAKM28LBuNIaxIM