Trala reunión do subcomité clínico este venres, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu ante os medios de comunicación, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, y do xerente do Sergas, José Flores Arias, para anunciar o endurecemento das restricións na Comunidade gallega coas que a Xunta de Galicia pretende facer frente a terceira ola de contaxios polo coronavirus.
Así, despois de analizar a situación sanitaria tras o Nadal, García Comesaña anunciou que se extenderá o peche perimetral do territorio galego, que en principio finalizaba este luns 11 de xaneiro, durante todo o mes.
Ademáis, decidiuse o endurecemento das restricións en tres das grandes ciudades galegas, pasando ao nivel máximo Santiago, xunto aos concellos limítrofes de Teo e Ames, mentras que as almendras de A Coruña e Ourense suben ao nivel medio-alto.
Por outra banda, a Consellería de Sanidade non descarta as medidas aplicadas na hostalería, según a evolución dos casos na nosa comunidade nos próximos días, e que actualmente se atopan da seguinte maneira:
– Nivel máximo, que afecta a 18 concellos: peche ás 18 horas, só 50% da ocupación das terrazas e cun número máximo de catro convivintes reunidos.
– Nivel alto-medio, que afecta a 43 concellos: peche ás 18 horas, 30% de aforo no interior e 50% no exterior e catro persoas non convivintes como máximo
– Nivel medio, que afecta a 3 concellos: peche ás 23 horas, 40% do aforo no interior e 50% no exterior e reunión de seis persoas non convivintes como máximo
– Nivel baixo, que afecta aos 249 concellos restantes: peche ás 23 horas, 50% do aforo interior e 75% do exterior e seis persoas non convivintes como máximo. Só os habitantes destes concellos poderán moverse a outros do seu mesmo nivel.
Ademáis, o conselleiro de Sanidade confirmou que se blindan as residencias para garantir o proceso de vacinación, polo que o seus residentes non poderán saír delas e se limitarán as visitas a un familiar un día por semana.
Tamén se anunciou na comparecencia que se intensificarán os cribados e que os estudiantes que volvan das súas ciudades de orixe tras as vacacións de nadal, poderán inscribirse no rexistro de viaxeiros e acceder a unha proba diagnóstica.
Para rematar, Julio García Comesaña pediu que non se perda o medo ao coronavirus e que a cidadanía leve a cabo un autoconfinamento, limitando a interacción social e movilidade.