O pasado 1 de agosto AEGAMA, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, celebrou o encontro de empresarios galegos, e dende 2021 conceden un premio que recoñece a traxectoria dun empresario galego en Galicia e outro no estranxeiro . Este ano os homenaxeados foron a familia Pérez Canal, responsable de Aceites Abril, e o empresario Carlos Vasallo, un dos grandes líderes do sector audiovisual en México e da comunidade latina en Estados Unidos.
A este acto tivo o pracer de acudir o presidente de APE Galicia, Jose Ramón Caldas