APE Galicia, en colaboración con Maude Studio, ten dispoñibles cursos gratuítos en modalidade de teleformación dirixidos a traballadores ocupados, autónomos e persoas en situación de ERTE pertencentes ao sector da Hostalaría, Turismo, Transporte e TIC.

En concreto os cursos dispoñibles na rama de Hostalería e Turismo versan sobre «Preelaboración e conservación de alimentos», «Xestión do bar-cafetería», «Promoción e venta dos servicios turísticos», «Novas técnicas de limpeza e desinfección en restauración», «Innovación na cociña», «Comercialización de produtos turísticos», «Manipulación en crudo e conservación de alimentos», «Xestión da restauración», «Xestión en restauración: deseño en proceso de servizo», «Cociña italiana», «Alemán elemental aplicado ao departamento de pisos», «Inglés profesional para turismo», «Inglés. Restauración» e «Evolución das tecnoloxías e técnicas culinarias».

No caso da rama Transporte de persoas e Turismo, os cursos dispoñibles son sobre «Atención e información aos viaxeiros do autobús e autocar», «Calidade, protección e seguridade dos servizos», «Xestión de flotas e rutas: optimización», «Acompañante de transporte escolar», «Atención ao cliente con discapacidade en transporte de viaxeiros», «Retos para as empresas: nova interacción co cliente e dixitalización da xestión», «Técnicas de fidelización do viaxeiro: marketing e transformación dixital», «Xestión do transporte na empresa», «Tacógrafo dixital», «Limpeza e desinfección para o transporte público por carretera», «Xestión de incidencias do viaxeiro. Fidelización do cliente», «Protocolo de evacuación  e primeiros auxilios en autobuses», «Medidas de reactivación e renovación do sector do transporte» e «Procedementos xerais sobre seguridade vial».

Por último, no que respecta á rama TIC, a formación dispoñible trata sobre «Competencias dixitais básicas», «Comunicación dixital e networking en internet», «Ofimática na nube: Google Drive», e «Competencias dixitais avanzadas».

As accións teñen prazas limitadas e as persoas interesadas en solicitar información poden facelo en www.apegalicia.gal.