O presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas Martínez, xunto coa secretaria técnica executiva, Sonia Acuña Pazos, recibiron onte aos primeiros participantes dos Talleres de Paquetería Creativa en Pontevedra, que se levan a cabo durante o mes de decembro coa colaboración da Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.

Ao redor de 15 persoas traballadoras autónomas beneficiaranse desta formación impartida por Cany Juncal, no que se vai ver a importancia da presentación do produto, como valor engadido para o reclamo de vendas.

Debido a situación crítica que o sector está a vivir pola crise do Covid-19, é fundamental que os comercios innoven desde a creatividade e coidan a súa imaxe a través da personalización dos seus paquetes para chegar mellor ao seus clientes.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?