Esta mañá celebrouse a webinar “Rexistro e auditoría salarial – Plans de Igualdade” organizada por APE Galicia coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, onde se realizou un percorrido polos diferentes aspectos do principio de igualdade retributiva e a súa aplicación práctica da mán da directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha Montero de Espinosa.

Baixo a coordinación e a dirección de Sonia Acuña, secretaria xeral da asociación que preside José Ramón Caldas, esta xornada forma parte da iniciativa “Os Vernes de Webinar” na que se da información sobre temas de interese e actualidade como é o caso dos Plans de Igualdade.

Tal e como indicou a vicepresidenta de APE Galicia por A Coruña, Ana Prego, na súa presentación do acto, a intervención de Elena Mancha Montero de Espinosa resultou de maior interese non só polo repaso que fixo sobre o desenvolvemento normativo do Plan de Igualdade do Goberno central e o acompañamento que a Xunta de Galicia pode facer a nivel formativo e económico, senon tamén pola súa propia experiencia como inspectora de traballo.

Elena Mancha quixo recalcar que a igualdade entre homes e mulleres é un principio fundamental que xa ven recoñecido no artigo 14 da Constitución Española e, tamén, no Estatuto de Autonomía de Galicia, polo que se trata dun fundamento de xustiza social que temos que conseguir.

Segundo a directora xeral de Relacións Laborais, os grupos de traballos homoxéneos nas empresas, coas mesmas condicións entre homes e mulleres, son máis rentables, máis xustos e resultan ser un importante apoio para poder erradicar problemas sociais como a violencia de xénero.

Así, dende o 14 de abril, coa entrada en abril do Real Decreto 902/2020 de Igualdade Retributiva entre homes e mulleres, todas as empresas están obrigadas a ter un rexistro salarial de todo o seu persoal, incluído o persoal directivo e os altos cargos. Aquelas que non o fagan enfróntanse a sancións económicas e mesmo a limitacións para presentarse a concursos públicos.

A día de hoxe, e aínda que foi o pasado mes de outubro cando se detallou que información debía conter o documento e fixouse o prazo concreto para telo listo, a inmensa maioría das empresas non compren con este trámite, que sirve como base para elaborar os Plans de Igualdade, que só son obrigatorios para empresas de máis de 50 persoas traballadoras.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?