Caldas sinala que a falta de persoal e o absentismo laboral son actualmente os principais problemas do colectivo e asegura que para moitas microempresas unha baixa pode supoñer a súa desaparición.Tamén destaca a importancia do relevo xeracional advertindo de que moitas empresas familiares están en risco por falta de continuidade e aposta por fortalecer a conexión entre centros de formación e o tecido empresarial para atraer mocidade cara ao autoemprego.
Na entrevista lembra que APE Galicia representa a máis de 72 mil autónomos e actúa como voceira ante a administración poñendo en valor o seu papel como interlocutora nas principais mesas de diálogo económico e social.