Próximamente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia abrirá a convocatoria para solicitar a axuda ó Programa Nova Oportunidade.

En qué consiste este programa?

Estas axudas son para persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e queren volver a emprender. Eso si, deben estar inscritas como demandantes de emprego.

Para quén?

Para persoas traballadoras autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridade e queiran volver a emprender.

  • Requisitos:

1. Ter causado alta no RETA
2. Ter cotizado anteriormente un mínimo de 3 meses ininterrompidos
3. Estar inscrita como persoa demandante de emprego sen ocupación efectiva
4. Non ter contrato laboral en vigor
5. Ter transcorrido un mínimo de 3 meses entre a nova alta e a anterior baixa
6. Ter iniciada a actividade con anterioridade

Tamén poderán acollerse aquelas persoas traballadoras autónomas que formen parte das comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación; sempre que soliciten a título persoal e coa entidade contituída antes da presentación.

Importe da axuda:

O importe da axuda será de 7.500 euros, incrementando 500 euros a contía se a persoa beneficiaria é muller.

Presentación e solicitudes:

Todavía non está aberto o prazo de solicitudes pero, a presentación será mediante vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Permanece atento ás nosas redes, en canto abra o prazo comunicarémolo!!

_
Para calquer consulta contacta con nós:

 info@apegalicia.es
986 891 657