Ape Galicia continúa a apostar pola formación práctica e de calidade. Recentemente organizou un curso homologado de emerxencias e loita contra incendios, unha iniciativa 100 % gratuíta destinada a mellorar as competencias en materia de seguridade.

Ao longo da actividade, na que participaron 60 alumnos, estes aprenderon a:
Actuar con rapidez ante situacións de emerxencia
Previr e extinguir incendios
Empregar correctamente os equipos de extinción

O programa combinou unha parte teórica en liña cunha parte práctica que tivo lugar en diferentes cidades galegas:

  • Pontevedra, o 22 de setembro
  • Ourense, o 23 de setembro
  • Ferrol, o 24 de setembro
  • Lugo, o 25 de setembro

Grazas a esta formación, os asistentes adquiriron coñecementos fundamentais para reforzar a seguridade tanto no ámbito laboral como no persoal, contribuíndo á prevención e á resposta eficaz fronte a situacións de risco.