Os días 11,12 e 13 de Novembro impartiremos en Santiago de Compostela un cursos gratuito de Manexo Seguro de Carretas Elevadoras.
Neste este curso, coñecerás, de forma xeral, as modalidades, condicionantes e riscos asociados ás distintas operacións de manipulación de cargas en base aos diferentes equipos utilizados e as contornas de traballo nos que se opera de forma máis habitual.
Tamén aprenderás a usar as carretas sen poñer en risco ás persoas, ás cargas manexadas, nin as instalacións nas cales se opere.
O curso abordará contidos de prevención comúns a todas as categorías, contidos teóricos específicos da categoría e contidos pácticos. Estes últimos, cunha duración de 9 horas, serán:
- Coñecemento das partes da máquina, control visual de características, mantemento, mandos, placas,manuais.
- Comprobación de posta en marcha, dirección, freos, claxon, etc.
- Manobras sen carga, desprazamento en ambas direccións, velocidades, xiros, freadas, utilización en ramplas.
- Manobras similares con carga.
- Carga e descarga de camións, colocación e retirada de cargas en andeis, apilado e retirado de cargas en superficie libre.
- Gráfico de cargas, comprobación efecto das dimensións da carga.
- Con accesorios, pinzas, contedores, pescantes, etc.
Manobras extraordinarias, como cargas de dimensións ou características fora do normal pola súa lonxitude, forma, manexo dunha carga simultaneamente con dúas carretas, etc.
Datas e horario: 11, 12 e 13 de Novembro de 10 a 14 horas.
Lugar: Centro de Formación de Recursos Galicia.