Os próximos días 6 e 9 de Novembro celebramos en Santiago de Compostela un curso gratuito de PRL para o sector Comercio, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios CCA Compostela Monumental.

Neste curso aprenderemos a recoñecer os riscos de incendio, saber cómo se comporta o lume e qué técnicas de extinción podemos empregar. Ademáis de todo o necesario para implantación do Plan de Emerxencia.

Os contidos do curso son:

QUÍMICA LUME
Definicións de interese; etapas do lume; tipos de combustión; combustibles.
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Contido; xeneralidades; actuación sobre o combustible, sobre os focos de ignición, sobre o
comburente e sobre a propagación; riscos de incendio. Electricidade, climatización,
almacenamento, orde e limpeza, instalacións contra incendios.

EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Definicións; métodos de extinción; clases de lume; sustancias extintoras; manexo de extintores; boca de Incendio Equipada (BIE); manexo de BIEs; hidrantes de incendios; sistemas de detección de incendios; rociadores automáticos.

EQUIPOS DE EMERXENCIAS

Obxectivo; principios básicos; condicionantes previos; organización do Equipo de Emerxencias.

PLAN DE EMERXENCIA E EVACUACIÓN

Datos informativos básicos; clasificación das emerxencias; accións do Equipo de Emerxencias; implantación do Plan de Emerxencia.

Duración 10 horas.
Datas e horario: 6 e 9 de Novembro, de 9-14 horas.
Modalidade: Presencial.

Inscripcións en  www.apegalicia.gal

Máis información no 986 891 657