O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda anunciou esta mañá no encontro ca Mesa do Emprego Autónomo que tivo lugar no espacio de coworking Dalle que dalle en Vilagarcia de Arousa, a “cota cero” para as persoas autónomas que inicien a súa actividade no 2024.

Durante a xuntanza, na que participamos as principais asociacións de traballadores por conta propia, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo e o secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández; anunciou unha nova medida para impulsar ou emprendemento autónomo, dentro dos orzamentos do ano 2024. Como representación de APE Galicia acudiron o presidente, Jose Ramón Caldas, e a secretaria xeral, Sonia Acuña.

Trátase dá denominada Cota cero para autónomos, que consiste en entregarlle a un autónomo que emprenda a partir do ano 2024, o equivalente ás cotas que ten que pagar durante todo o  primeiro ano, sobre 960 euros, dos que se faría cargo a Xunta. O Goberno galego investirá nesta medida 9,6 millóns de euros e será compatible coas axudas que a Xunta xa ten en marcha para o inicio da actividade autónoma.

A iniciativa máis relevente foi a esta medida pioneira da “cota cero autónomos” que permitirá ós novos emprendedores liberarse do pago durante todo o primeiro ano. Ademais, o orzamento do próximo ano destinado a subvencionar os primeiros gastos de actividade duplicouse, alcanzando os vinte millóns de euros.

O presidente da Xunta sinalou tamén que o goberno asignou unha partida de 45 millóns de euros para apoiar aos traballadores por conta propia. Ademáis destas medidas, están a implementarse estratexias para abordar problemas como a substitución xeracional e para fomentar a Formación Profesional, que experimentou un aumento significativo na matrícula desde 2009.

“Galicia é unha terra de emprendemento e ten unha rede sólida que hai que manter e apoiar desde a Xunta”, defendeu Rueda antes de concluir.