O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, recibiu onte en Santiago de Compostela ao presidente e a secretaria técnica executiva de APE Galicia, José Ramón Caldas e Sonia Acuña.
Neste encontro, fíxose balance deste ano tan complicado que estamos a piques de rematar, onde a pandemia xurdida polo Covid-19 provocou unha crise mundial da que, económicamente, as máis afectadas están sendo as persoas traballadoras autónomas, motor fundamental para o emprego e a riqueza da nosa rexión.
Conscientes da importancia do sector na estabilidade e recuperación económica da Comunidade Autónoma, tanto o vicepresidente como os representantes da asociación de autónomos e pequenas empresas coincidiron na necesidade de seguir traballando xuntos, como ata o momento, para saber cales son as exigencias reais do sector e que as axudas da Administración sexan eficaces e cheguen a maior número de persoas afectadas.
Tanto Francisco Conde como José Ramón Caldas e Sonia Acuña, estiveron dacordo en que é fundamental que ese compromiso se manteña no próximo ano, no que os autónomos e as pequenas empresas terán que afrontar os retos que xurdan coa evolución epidemiolóxica.
A necesidade de conservar o emprego, como sustento das familia e a activación do consumo, así como adaptarse á nova realidade do mercado, na que as novas tecnoloxías e a dixitalización dos negocios teñen moito que aportar, son uns dos maiores retos aos que se enfrenta o sector neste 2021.
Neste sentido, o presidente maila secretaria técnica executiva de APE Galicia quixeron presentar ao conselleiro os novos proxectos que a asociación ten previsto levar a cabo nos próximos meses do ano, que ten moito que ver con estos novos retos.