A Prevención de Riscos Laborais (PRL) trátase do conxunto de medidas ou accións das que dispón unha empresa ou negocio para evitar ou disminuir na medida do posible os perigos derivados da actividade laboral. Deste xeito, a empresa debe adoptar unha actividade preventiva co obxectivo de promover a seguridade e saúde dos seus traballadores e traballadoras, reducindo a siniestralidade laboral e a incidencia de enfermedades profesionais.

Pero, estamos realmente informados acerca desta materia? Todas as persoas traballadoras teñen unha exposición a riscos á hora de desempeñar as tarefas laborais. Neste eido, existen diversos tipos de perigo, debemos ter en conta os riscos físicos, químicos, biolóxicos, ergonómicos, psicosociais, mecánicos ou ambientais.

Pola súa banda, as empresas adaptan a prevención de riscos laborais aos distintos tipos de traballadores e traballadoras que teñen contratados/as? Para desenvolver unha correcta prevención de riscos laborais nunha empresa é fundamental realizar unha correcta avaliación dos riscos que poidan existir para cada persoa traballadora. A partir de ahí, a empresa pode tomar decisións e levar a cabo unha serie de medidas preventivas adaptadas dirixidas a reducir os riscos adaptados a cada persoa. Como exemplo, cabería sinalar que é evidente que os perigos á hora de sufrir determinados accidentes ou a tendencia a padecer certos problemas de saúde non son os mesmos para unha persoa de 20 anos que para unha de 60.

Dende APE Galicia queremos darlle visibilidade e profundizar neste tema tan importante a través da realización de xornadas formativas, especializadas en distintas temáticas, nas catro provincias galegas. Canta máis información teñamos recopilada máis sinxelo será levar a cabo a avaliación dos riscos. Posteriormente, e en función da análise preventiva realizada, solo quedará definir as accións máis eficaces, adaptadas a cada traballador e traballadora en concreto, para garantir a disminución dos riscos laborais.

Máis polo miúdo, unha das xornadas que impartiremos a partir da semana que ven é “PRL e traballadores de máis de 55 anos”, a través da cal nos centraremos nese sector da poboación que ten unha serie de riscos específicos. Neste eido, cabe destacar que a poboación activa de máis de 55 anos medrou case un 50% nos últimos anos, este dato amosa a necesidade de proporcionarlle unha atención especial en canto á prevención de riscos laborais, xa que as súas condicións físicas non son as mesmas que as de outros sectores da poboación. As persoas traballadoras a partir dunha certa idade precisan unhas ferramentas de protección específica e, por iso, mediante esta formación realizaremos unha análise de cales son e como debemos usalas de maneira correcta.

Doutra banda, a xornada “Avances na saúde laboral e condicións de traballo con perspectiva de xénero” sensibilizará sobre a importancia da introdución da perspectiva de xénero en materia de prevención de riscos laborais. En ocasións, as condicións nas que se desenvolven as traballadoras e os traballadores son diferentes e desiguais. A incorporación da perspectiva de xénero contribúe a detectar e corrixir os sesgos de xénero que se dan nas actividades preventivas e de vixilancia da saúde. Gracias a esta xornada poderemos coñecer os riscos intrínsecos en cada ámbito e adaptar as diferentes ferramentas e solucións.

Por último, a outra xornada que levaremos a cabo é “Fomento do hábito de vida saudable na contorna laboral”, coa que se pretende promover un estilo de vida no ámbito de traballo que aporte beneficios tanto para a persoa traballadora como para a empresa. Ademais, daremos a coñecer as ferramentas que impulsan estes hábitos de vida saudable, así como pautas e tips que serven para mellorar o clima laboral e a imaxe que se proxecta cara ao exterior.

As persoas interesadas en actualizar o plan de prevención de riscos da súa empresa ou, simplemente, en recopilar máis información ao respecto, poden participar nestas xornadas facendo a inscrición en www.apegalicia.gal.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?