Comezamos este 2020 co Taller de «Inglés: Atención ao cliente» que organiza APE Galicia e a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.

Este Taller é válido para gran número de sectores de actividade, e o seu principal obxectivo é preparar ao alumno para establecer con fluidez unha relación comercial co cliente, utilizar fórmulas de cortesía habituais na atención ao cliente ou xestión de reclamacións e queixas,tanto a nivel escrito como oral. O nivel básico ten como finalidade capacitar ao alumnado para usar o idioma de maneira suficiente, receptiva e productivamente, tanto na forma falada como escrita, así como mediar entre falantes, en situacións cotiás e de inmediata necesidade.

O Camiño Portugués é o segundo roteiro máis percorrida de todas as que se dirixen a Santiago despois do Camiño Francés.
A gran maioría das persoas que pasan pola Boa Vila fano percorrendo o Camiño Portugués tradicional, aproximadamente uns 70.000 e ademais de camiñantes españois e do país veciño, as nacionalidades máis habituais son italianos, franceses e británicos.

Ademais disto o Concello de Pontevedra multiplica a súa repercusión nacional, pero sobre todo internacional coa organización de grandes eventos como o Campionato de Europa júnior de loita, o Mundial Júnior de balonmán e especialmente, o Mundial de Tríatlon de Longa Distancia.

Por todo isto, APE Galicia, ve interesante realizar un curso de inglés básico dirixido a pequenos negocios do Concello de Pontevedra, demandado polos mesmos en varias ocasións.

CONTIDOS
– Recibindo aos nosos clientes.
– Describindo o noso produto/servizo.
– Ofrecementos e suxerencias.
– Manexo do inglés dependendo do sector.
– Asuntos financeiros.
– Despedidas.
– Comunicacións, e-mails.
– Pedidos, orzamentos e facturas.
– Queixas, reclamacións e desculpas.
DIRIXIDO A
Curso dirixido a traballadores autónomos ou empregados e emprendedores
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?