Comezamos co Programa Formativo para Autónomos e Emprendedores que organiza APE Galicia coa Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.
Hoxe e mañá no Taller de EMPAQUETA-2, aprenderemos o importante que é a imaxe que o cliente leva á súa casa de forma física, xa sexa nunha bolsa, ou en forma de paquete para agasallo o cal dá moita información do noso produto e do noso negocio.

Neste taller os alumnos aprenderán os diferentes tipos de empaquetado e materiais a utilizar, así como empaquetar( packaging) o seu produto dando así un selo de identidade á súa empresa.
Por outra banda, coñecerán tamén o imprescindible que é a paquetería no seu negocio, o embolsado e formas de empaquetado e á súa vez analizarase o que pode ser máis apropiado para o produto que vende ou o servizo que ofrece.
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?