O Concello de Pontevedra organiza coa colaboración de APE GALICIA, uns Talleres de Escaparatismo e Márketing Visual os días 23-30 de marzo e 20 de abril (sábados) en horario de 16:00 a 21:00 Horas.
Os obxectivos destas xornadas son aprender as técnicas para traballar o escaparate como ferramenta comercial, xestionar estratexicamente a superficie de vendas e o lineal, co obxectivo de obter a máxima rendibilidade e satisfacción do cliente, creando escenarios físicos e psicolóxicos que provoquen unha actitude positiva cara ás compras.
Durante o mes de abril, APE GALICIA colabora tamén no «Programa para a optimización do comercio autónomo no Concello de Pontevedra». Uns cursos teórico-prácticos para desenvolver e reforzar a figura d@ empresari@ de comercio local como elemento fundamental e responsable último no punto de venta.
Estes talleres son gratuítos previa inscrición, posto que as prazas son limitadas, e realizaranse nas instalacións de APE GALICIA, na c/ Gagos de Mendoza nº 2 – Baixo (Á beira da Audiencia).
As persoas interesadas poden pedir información ou inscribirse en:
e-mail: info@apegalicia.es
Teléfono: 986 891 657