Obxecto
Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia mediante os bonos Activa comercio
Características da axuda
O sistema de funcionamento dos bonos establece que as persoas usuarias poderán descargalos en formato dixital (código QR) desde a web www.bonosactivacomercio.gal e empregalos mediante unha aplicación de pagamentos (como Wallet).
Os comercios deberán ter instalada a app Bonos Activa Comercio para aplicar os descontos. No momento da compra, deberán introducir o importe e o concepto da venda, aparecendo automaticamente o prezo final coa rebaixa. O concepto debe coincidir coa numeración do tícket ou factura.
As persoas usuarias mostrarán o seu bono en formato QR e pagarán o importe final.
Os bonos estarán dispoñibles ata que se esgote o orzamento total de descontos, fixado en 2.500.000 €.
Persoas Beneficiarias
Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono de ata 30 €, que poderá usar en varios comercios adheridos ao programa. Os descontos aplicaranse segundo o importe da compra:
5 € en compras de entre 20 € e menos de 30 €
10 € en compras de entre 30 € e menos de 50 €
15 € en compras iguais ou superiores a 50 €
Os importes inclúen o IVE.
Os bonos poderán usarse ata que remate o prazo establecido ou se esgote o orzamento total (2.500.000 €).
A través da plataforma, os comercios poderán consultar vendas, trocos de bonos e aboamentos. En caso de devolución, a compra poderá cambiarse por outro produto ou un vale sen caducidade, pero non se permitirá a devolución en efectivo ou tarxeta.
Os bonos non se poderán usar para compras en liña.
Prazo
Os bonos poderanse descargar desde o 4 de xuño de 2025, ás 9:00 h, a través da web www.bonosactivacomercio.gal, e estarán dispoñibles ata que se alcance o límite de 2.500.000 € en descontos. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderá modificar esta data por razóns organizativas ou outras causas, publicando o cambio oportunamente.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html