As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a transformación sostible do sector comercial galego a través do impulso de actuacións de comercio sostible e circular.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias/os das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
Programa Eco-pack.
Comerciantes retallistas con tenda física
Talleres artesáns
Asociacións de comerciantes:
Programa Avanza téxtil.
Programa Re-circular.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
1.1. Programa Eco-pack.
1.2. Programa Avanza téxtil.
a) Participación en cursos de formación ou obradoiros de confección téxtil impartidos por escolas públicas ou privadas. En concreto, consideraranse gastos subvencionables: a matrícula e as mensualidades.
b) Adquisición de maquinaria de destrución de téxtil para a súa posterior reutilización.
c) Adquisición de maquinaria e ferramentas de corte e confección.
d) Organización e participación en tendas efémeras pop-ups e showrooms.
1.3. Programa Re-circular.
a) Adquisición de materias primas e/ou tecidos téxtiles sostibles.
b) Adquisición de accesorios ou fornituras de orixe 100 % reciclado ou 100 % de composición orgánica (cremalleiras, botóns, reberetes, cordas, lazos ou similares).
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Prazo de presentación: 14/08/24 ao 14/09/24 Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes
PUBLICACION EN DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240813/AnuncioG0767-300724-0001_gl.html