Obxecto
O obxecto das subvencións é promover a innovación e a sustentabilidade do comercio local e artesanal.
As subvencións non poderán superar os 300.000 € nun período de tres anos.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou outras unidades económicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Comerciantes retallistas:
- Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia e ter o domicilio social na Comunidade Autónoma.
- Ser pequenas e medianas empresas (peme) segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014, cun número de empregados inferior ou igual a 20, incluíndo os autoempregados.
- Estar dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE relacionadas nos anexos II e III, sendo esta a actividade para a que se solicita a subvención.
- O establecemento comercial debe ter unha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados.
- Obradoiros artesáns:
- Estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Se son novos, poderán solicitar a inscrición ata o último día do prazo de presentación de solicitudes.
- Exclusións:
- Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise ou as persoas que xa recibiron a orde de axudas CO300C no ano 2024 para a mesma actuación, excepto nos casos dos obradoiros artesáns ou cando a natureza da actuación permita a súa conservación segundo os termos establecidos nas bases.
Características da axuda
Actuacións subvencionables
- Liña de dixitalización e innovación comercial:
- Subvenciónanse actuacións para a dixitalización do comercio, como a implantación de páxinas web, hardware (TPV, impresoras de código de barras, básculas dixitais), software de xestión, ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM), xestión de redes sociais, sistemas de click and collect, ciberseguridade, asistentes virtuais, entre outras.
- A porcentaxe da subvención será do 80% do investimento máximo subvencionable (IVE excluído), que varía segundo a actuación, cun total de 43.750 €.
- Liña de modernización comercial:
- Subvencionanse actuacións para mellorar a imaxe e eficiencia do local, como reformas, adquisición de moblaxe, proxectos de interiorismo, portas automáticas, iluminación e climatización eficientes, mellora da fachada, e adquisición de equipos comerciais e artesanais.
- A porcentaxe da subvención será tamén do 80%, cun investimento máximo subvencionable de 24.250 €.
- Liña de sustentabilidade ambiental:
- Subvencionanse actuacións para reducir a embalaxe, como o uso de materiais reciclados ou biodegradables (caixas de cartón reciclado, bolsas de papel ou tea, recheos vexetais, etc.).
- A porcentaxe da subvención será o 80% do investimento máximo subvencionable de 2.500 € (IVE excluído).
Prazo de presentación
26/02/2025 ao 26/03/2025
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250214/AnuncioG0767-030225-0001_es.html