As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (300.000 € nun período de tres anos).
Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e os investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
- Poderán ser beneficiarias das subvencións, as asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánmo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, e que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia nos centros comerciais abertos. En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria (2021-2022).
- Para os efectos desta orde, terán a consideración de centros comerciais abertos:
Centros comerciais abertos situados en concellos que teñan a consideración de grande cidade (A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo) que cumpran os seguintes requisitos:
a) Disporen dunha unidade de xestión profesionalizada.
b) Teren unha delimitación territorial claramente definida dentro da área urbana do concello e integrar un dos principais eixes comerciais.
c) Contaren cun mínimo de 50 comercios retallistas asociados na súa delimitación territorial e dados de alta na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (plataforma Redic, Portal do comerciante galego).
d) Presentaren unha diversidade de oferta comercial, con predominio da oferta especializada en equipamento persoal.
e) Os comercios retallistas asociados deben representar, polo menos, o 50 % do número total de socios dados de alta na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (plataforma Redic, Portal do comerciante galego).
f) Contaren con ingresos suficientes para asegurar a viabilidade económica‑financeira da entidade.
2.2. Os centros comerciais abertos situados no resto de concellos que cumpran cinco dos seis requisitos seguintes, e serán de obrigado cumprimento os requisitos das letras a) e c):
a) Disporen dunha unidade de xestión profesionalizada.
b) A delimitación territorial do centro comercial aberto debe integrar o principal eixe comercial da trama urbana do concello.
c) Contaren cun mínimo de 50 comercios retallistas asociados na súa delimitación territorial e dados de alta na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (plataforma Redic, Portal do comerciante galego).
d) Presentaren unha diversidade de oferta comercial, con predominio da oferta especializada en equipamento persoal.
e) Os comercios retallistas asociados deben representar, polo menos, o 50 % do número total de socios dados de alta na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (plataforma Redic, Portal do comerciante galego).
f) Que estean situados en concellos cunha poboación superior aos 10.000 determinado polo número de comercios retallistas (CNAE 47) existentes no concello segundo os datos publicados polo IGE (ano 2022), nunha proporción de 550 comercios retallistas por cada centro comercial aberto.
REDE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL (REDIC)
- A Rede de dinamización comercial (Redic), como instrumento da Xunta de Galicia para impulsar a dinamización comercial, servirá de plataforma habilitada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo para que os centros comerciais abertos acrediten o cumprimento dos requisitos da súa representatividade do sector comercial.
- Para estes efectos, na plataforma Redic o centro comercial aberto deberá dar de alta como asociados os comercios retallistas e o resto dos integrantes da asociación, con indicación respecto a cada un deles da seguinte información:
- Nome e apelidos ou razón social.
- NIF.
- Nome comercial.
- Enderezo.
- Datos de contacto (número de teléfono e correo electrónico).
- Datos comerciais (IAE principal e categoría comercial).
Ademais, no caso de centros comerciais abertos situados nas sete grandes cidades, cada comerciante retallista deberá validar a súa condición de asociado na plataforma Redic.
- Os salóns de peiteado situados na delimitación territorial correspondente que estean dados de alta como asociados na plataforma Redic e validados como asociados no caso dos centros comerciais abertos nas grandes cidades.
- A relación de asociados que se terá en conta para os efectos do disposto no número 3 será a que conste actualizada na plataforma Redic como máximo na data de finalización do prazo previsto para a presentación de solicitudes no artigo 3.4 da convocatoria.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Actuacións subvencionables. Consideraranse subvencionables os proxectos que teñan por finalidade lograr a dinamización e a revitalización dos centros comerciais abertos a través das seguintes actuacións:
- a) Dinamización comercial.
- b) Fidelización de clientela.
- c) Dixitalización.
- d) Unidade xerencial.
PRAZO
Do 25 de maio ao 24 de xuño de 2024
PUBLICACION EN DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240524/AnuncioG0767-100524-0001_gl.html