O presidente e a secretaria técnica executiva de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez e Sonia Acuña Pazos, xunto coa representante de Empresarias Galicia, Susana Pérez, asistiron onte como invitados do profesor de Traballo Autónomo do Grado de Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade de Vigo, Matías Movilla García, para dar unha charla sobre os problemas fundamentais que teñen os autónomos na vida real.
Ante os alumnos e alumnas que de maneira presencial e en liña seguiron o encontro, José Ramón Caldas falou da súa experiencia de vida como autónomo e Sonia Acuña centrouse en dar información sobre a realidade actual do sector e os instrumentos e demandas principais dos emprendedores, facendo un especial fincapé na importancia do colectivo na comunidade galega.
Trala exposición dos tres ponentes, realizouse un debate aberto entre eles, os alumnos e profesores, onde se puxo sobre a mesa distintas inquietudes e valoracións sobre a realidade das persoas traballadoras autónomas, sobre todo, nestes momentos tan complicados debido a crise do coronavirus.