O sistema de autónomos recolle diferentes tipos de «paro» para os traballadores por conta propia.

????Paro por motivos ETOP: son os motivos económicos, técnicos, produtivos ou organizativos. Ocorre cando se produce un cesamento temporal ou definitivo. Dase cando se pecha o negocio ou se transfire a un terceiro, sempre que tivese perdas nun ano completo de máis do 10% dos ingresos obtidos no mesmo período, sen contar co primeiro ano de actividade. Tamén entran o peche por execucións xudiciais ou administrativas e a clausura por declaración xudicial de concurso que impida continuar ca actividade.

????Paro parcial por forza maior: denomínase así aos sucesos ou acontecementos imprevisibles que se escapan do control do propio autónomo. Son ocasións de peche de empresa por forza maior, como ocorreu coa pandemia.

????Por pérdida da licencia: os autónomos teñen dereito a cobrar esta prestación se o peche do negocio ten que ver por pérdida da liceza administrativa sempre e cando, esta sexa un requisito para exercer a actividade e non esté motivada por infraccións penais

.

????Prestación por violencia de xénero ou divorcio: Existe unha cobertura de cese de actividade para as víctimas de violencia doméstica e de violencia de xénero cando non poidan desenvolver o seu traballo. Ao mesmo tiempo, contémplase o cese por divorcio o separación matrimonial, sempre con resolución xudicial. Esto ocorre cando a persoa forma parte dun negocio familiar do excónyuge e estivera dado de alta como autónomo colaborador.

Ademáis, ca entrada en vigor do novo sistema de cotización por ingresos reais, entraron dous novos supostos:

????Autónomos con empregados: poderán acceder a esta prestación se reduciron o 60% da xornada da plantilla ou se suspenderon o 60% dos contratos da empresa a través dun ERTE.

????Autónomos sen empregados: sempre que as débedas supoñan un 150% das vendas obtidas nos dous últimos trimestres fiscais.

Para estos últimos supostos é requisito indispensable que nos dous últimos trimestres fiscais haxa unha reducción do 75% dos ingresos ou vendas e que os beneficios do autónomo non cheguen ao salario mínimo interprofesional

Pero cales son os requisitos para cobrar esta prestación?

+ Estar afiliado no RETA

+ Alcanzar o periodo mínimo de cotización por cese de actividade, que é un ano

+ Encontrarse en situación legal de cese de actividade, suscribir o compromiso de actividade e acreditar disponibilidade activa para a reincorporación ao mercado laboral

+ Non alcanzar a idade para obter a pensión contributiva de xubilación

+ Estar ao corrente das cotas á Seguridade Social

Cómo saber canto «paro» che pertence? É moi sinxelo, hai que calcular canto tempo estiveches dado de alta dende o 2019, cal foi a base de cotización media durante o último ano e por último, cal foi o suposto que orixina o pecha do negocio.

Solicitude:

Debes acudir ou enviar un formulario á mutua colaboradora ca Seguridade Social á que estés adherido e completar datos relativos ao tipo de prestación solicitada e o motivo desta. En moitas ocasións é necesario adxuntar documentos que acrediten e xustifiquen o dereito a esta prestación solicitada.

????info@apegalicia.es
????986 891 657