Obxecto:
Convocatoria dos Bonos Talento empresa, destinados á formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración co obxectivo de mellorar as capacidades das empresas e contribuir ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.
Entenderase por proxecto formativo aquel que estea integrado por un máximo de 3 accións formativas. Cada acción formativa terá unha duración mínima de 16 horas e máxima de 100 horas, e a entidade poderá solicitar un proxecto formativo composto por un máximo de tres accións formativas.
Persoas Beneficiarias e Requisitos:
Poderán solicitar estas subvencións:
???? As microempresas e pequeñas empresas, así como entidades do terceiro sector da acción social validamente constituídas e con actividade ininterrompida desde hai 3 anos mínimo antes da publicación da convocatoria, con centro de traballo en Galicia que será onde desenvolvan a actividade para a que solicitan a subvención e con capacidade técnica e financieira suficiente para a execución das actividades formativas.
???? As persoas traballadoras autónomas que telan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, con centro de traballo en galicia e unha antigüedade como cotizante igual ou superior a 3 anos ininterrompidos anteriormente á publicación desta convocatoria.
Quedan excluídas:
- As microempresas e pequenas empresas en crise
- As persoas traballadoras autónomas en situación de autoemprego societarias, en calquera das súas formas.
- As persoas traballadoras autónomas colaboradoras e familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no Estatuto dos traballadores.
- As administraciones públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, so centros especiais de emprego, entidades de formación nin as entidades sen ánimo de lucro, agás as do terceiro sector da acción social.
- As persoas socias de sociedades mercantís ou sociedades laboráis.
Poderán participar nas accións formativas obxecto de financiamento:
a) As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que presten os seus servizos nas entidades beneficiarias destas axudas e estean adscritas ao centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que estean contratadas baixo a modalidade de fixos descontinuos poderán realizar a formación tanto nos períodos de ocupación como de non ocupación.
A consideración como persoas traballadoras ocupadas por conta allea virá determinada pola situación laboral en que se encontren na data de comezo da acción formativa.
CONTÍA DAS AXUDAS:
A contía máxima da subvención por entidade solicitante non poderá superar os 25.000€. En todo caso, a intensidade máxima da axuda solicitada está limitada ao 70% do gasto subvencionable.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 21 de xullo ata o 29 de setembro de 2023, ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Publicación no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230720/AnuncioG0656-060723-0001_gl.pdf