Así, esta nova convocatoria do Bono Consolida fomenta a consolidación das entidades da economía social e reforza a súa presenza na economía da comunidade galega.
Dirixida a sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego da economía social de Galicia.
O BONO CONSOLIDA contempla axudas para a transformación dixital e a sostenibilidade, chegando a alcanzar un importe máximo de 30.000 euros para financiar inversións en equipación informática, desenvolvemento de software, eficiencia enerxética ou de marketing,entre outras e realizadas entre o 1 de novembro do 2022 e o 31 de outubro de 2023.
Como novidade destacar que se inclúen como conceptos susceptibles de financiación os elementos de transporte e a formación para os socios afiliados ó RETA.
Por outra banda, a través do PROGRAMA ES-TRANSFORMA concédense axudas máximas de ata 74.000€ para a creación de cooperativas e sociedades laborais a partir de empresas sen relevo xeracional, da unión de persoas traballadoras autónomas, da transfromación en calquera tipo de sociedade ou tras a adquisición da entidade por parte das persoas traballadoras da mesma.
A axuda abarcará o 90% dos custos nos que incurran estas entidades no ambito do asesoramento legal, rexistro, notarías e informes, para o desarrollo da imaxe corporativa, obtención de certificaciones de calidad, marketing, comunicacion ou proteccion de datos, entre outros.
Nos seguientes ligazóns pódense consultar s bases íntegras das axudas
BONO CONSOLIDA https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0003_gl.pdf
PROGRAMA ES-TRANSFORMA https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0001_gl.pdf