O Bono Concilia Familia ofrece axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata 12 anos (estes incluídos) para a atención de necesidades de conciliación puntual ou durante os periodos de vacacións escolares entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro.
Quén poderá beneficiarse? Todos os nenos e nenas menores de 13 anos, independentemente do seu modelo de familia, sempre que os responsables estén traballando. No caso de custodia compartida, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.
Qué gastos cubre a subvención?
????Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena.
????Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
????Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios.
????Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
A contía máxima será de 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa, e de 200 euros por neno no caso de asistir a servizos de conciliación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se tes algunha dúbida estamos encantados de axudarte:
????986 891 657
????apegalicia.es