1. Convocatoria e bases reguladoras.
1.1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, ás axencias de viaxe para mantemento do establecemento e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU983F).
1.2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
2. Solicitudes.
2.1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6.1 das bases reguladoras.
2.2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no devandito artigo 5 das bases reguladoras.
3. Prazo de duración do procedemento de concesión.
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.
O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
4. Información ás persoas interesadas.
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia:
http://turismo.xunta.gal/canleprofesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions
b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.
c) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64.
d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal
5. Réxime de recursos.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
6. Base de datos nacional de subvencións.
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
7. Normativa