Obxecto e finalidade

 Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante formulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de COVID-19 e a impulsar a actividade económica, e proceder á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

Entidades beneficiarias

 1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan a continuación:

a) Procesos de adquisicións de activos de sociedades mercantís de capital nun proceso regulado de disolución e liquidación societario (artigos 371 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/2010), coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da sociedade mercantil disolta en liquidación, mediante a constitución dunha nova entidade de economía social.

b) Procesos de adquisición de activos (bens e dereitos da masa activa) da titularidade dunha persoa ou entidade concursada, ou dunha ou varias unidades produtivas desta, durante a fase común ou a fase de liquidación dun procedemento concursal (Real decreto lexislativo 1/2020) coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da concursada con contrato laboral extinguido a través dunha entidade de nova constitución (sociedades laborais, cooperativas).

c) No caso de ausencia de remuda xeracional:

i. Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade civil ou de capital,mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de modificación estatutaria precisos para a súa transformación en sociedade laboral; ou logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de reestruturación societaria e modificación estatutaria precisos para a súa transformación en cooperativa.

ii. Procesos de adquisición do negocio dunha persoa autónoma por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial deste logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos estatutarios precisos para a súa transformación en sociedade laboral ou cooperativa.

d) Constitución ex novo de sociedades de carácter laboral ou nunha cooperativa integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación do seu empregador (entendéndose como tales as sociedades de capital, sociedades civís, persoas autónomas e asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica).

2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nela.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

f) Acreditación da formalización da transformación segundo a documentación complementaria requirida no artigo 10.2.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas as empresas en crise en 31 de decembro de 2019, sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estivesen en crise o 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin recibisen unha axuda de salvamento ou de reestruturación.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades cuxas persoas promotoras ou integrantes das cooperativas ou sociedades laborais estean nos seguintes supostos:

i. Aqueles que con respecto da empregadora orixinaria tivesen a condición de: administradores, cónxuxes do administrador ou persoas con análoga relación de afectividade, ascendentes, descendentes e irmáns do administrador ou do cónxuxe do administrador, cónxuxes ou persoa de análoga afectividade dos ascendentes, dos descendentes e dos irmáns do administrador, persoas socias con participación igual ou superior ao 10 % do capital social. Se o órgano de administración for unha persoa xurídica, persoas socias (artigo 42.1º C. CO.), os administradores, persoas físicas representantes da persoa xurídica administrador e persoas vinculadas a este.

ii. Aqueles que fosen condenados en sentenza firme por delito contra o patrimonio, contra a orde socioeconómica, de falsidade documental, contra a Facenda pública, a Seguridade Social ou contra os dereitos das persoas traballadoras.

iii. Aqueles condenados por sentenza firme como persoa afectada pola cualificación de procedemento concursal declarado culpable.

iv. No suposto establecido no punto 1.b.i) deste artigo, incumprimento nalgún dos tres (3) últimos exercicios da obriga de depósito das contas anuais por parte da entidade cuxas participacións ou accións sexan adquiridas polas persoas traballadoras.

Conceptos e contías subvencionables

1. Establécense catro categorías de conceptos subvencionables:

a) Categoría 1. Adquisición de activos; Comprende as subvencións orientadas aos investimentos vinculados á adquisición de activos esenciais para o óptimo funcionamento da nova entidade:

ii. Activos inmateriais para a incorporación de novas tecnoloxías da información e das comunicacións.

iii. Outros investimentos:

– Reforma de locais de negocio. Os investimentos adquiridos dentro desta categoría 1 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo de adquisición, excluído o IVE e demais tributos que puideren ser exixibles, non podendo superarse a contía de 40.000 €

b) Categoría 2. Asesoramento; Comprende as subvencións destinadas aos asesoramentos precisos no cumprimento das obrigas legais e no proceso de planificación e valoración económica previa ao proceso de transformación provistos por parte de profesionais coa debida acreditación para esta tarefa:

i. Asesoramento no cumprimento das obrigas legais que acompañan o proceso de transformación.

ii. Asesoramento no proceso de planificación e valoración económica previa ao proceso de transformación.

c) Categoría 3. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico; Comprende os servizos de profesionalización, planificación e desenvolvemento estratéxico vinculados cos seguintes gastos específicos.

d) Categoría 4. Gastos correntes; Comprende a subvención dos gastos correntes en que incorra a entidade transformada nos doce meses seguintes á súa nova constitución. Os gastos previstos dentro desta categoría serán subvencionables ata o 80 % do seu custo e un máximo de 10.000 €.

Definicións

1. Para os efectos desta orde entenderase por:

a) Cooperativa: sociedade cooperativa galega inscrita no Rexistro de Cooperativas de Galicia dependente da Xunta de Galicia na data de presentación da solicitude. Esta circunstancia será verificada de oficio pola Administración e deixará constancia no expediente.

b) Sociedade laboral: sociedade inscrita no Rexistro de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil na data de presentación da solicitude.

c) Ausencia de remuda xeracional: situación en que unha entidade ou persoa autónoma se ve obrigada a cesar totalmente a súa actividade mercantil/profesional como consecuencia da xubilación ou incapacidade do/dos seu/s promotor/es.

d) Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada no nivel de parroquia (ZDP), segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, consideraranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

e) Empresa en crise: aquela que coincida coa definición establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2. Respecto dos conceptos subvencionables recollidos no artigo 7 entenderase por:

a) Terreos: parcelas directamente afectadas e imprescindibles para o desenvolvemento da actividade produtiva.

b) Construción: edificación feita co único propósito de albergar a actividade produtiva. c) Instalacións técnicas: adquisición de equipamento: maquinaria, bens de equipamento ou ferramentas mediante as cales se mellore o proceso produtivo.

d) Utensilios: conxunto de útiles e instrumentos que se usan nun oficio ou nunha actividade e) Equipamento de oficina: conxunto de mobles e demais equipamentos que serven para a actividade normal do negocio como mesas, cadeiras, andeis, mostradores, vitrinas, luminarias, etc.

f) Equipamentos informáticos: ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles, tabletas ou similares, destinados exclusivamente ao desenvolvemento da actividade

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Normativa

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210818/AnuncioG0599-050821-0004_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?