????PERSOAS BENIFICIARIAS
✔️Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria.
✔️Persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas de nova creación.
????IMPORTE DA SUBVENCIÓN E CONDICIÓNS
Ata 45.000 €.
Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
✔️Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
✔️Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
✔️Será obrigatoria a creación dun mínimo de un emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea.
????ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
✔️Talleres e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
✔️Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
✔️Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, …).
✔️Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
✔️Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
✔️No sector da hostalería, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais singulares (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.
Entre outros.
????PRAZO DE PRESENTACIÓN
04/01/2022 – 08/03/2022
????COMO PODO SOLICITALA?
A solicitude será presentada obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo o seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG501A
????Para más información podes consultar a Resolución publicada no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220103/AnuncioO92-201221-0004_gl.html