No Diario Oficial de Galicia do 9 de Maio pódense consultar as bases reguladoras das axudas dirixidas ás organizacións e asociacións agrarias para a adquisición de bens informáticos e medios técnicos precisos para desenviolver a súa actividade.
Esta é a segunda vez que se convocan estas axudas, buscando desta maneeira favorecer a actualización informática destas entidades.
A medida está dotada con 130.000€, e o importe das axudas será do 50% dos custes subvencionables.
Entre as inversións atopamos a adquisición, entre outros, de equipos de impresión e dixitalización de documentos ou a instalación de redes e servidores…..que deberán destinaarse, como mínimo durante dous anos ó fin concreto para o que se concedeu.
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes desde o 10 de maio.
Toda a info desta publicación pódese consultar en
???? https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230509/AnuncioG0426-260423-0002_gl.html