
– Programa indefinido: con incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
– Programa contratación: axudas para a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas.
-Programa mellora: con incentivos para a mellora da estabilidade laboral
Toda a información aquí:
Axudas á dixitalización da Industria 4.0 (I6300C): o obxeto é a posta en marcha da dixitalización coa finalidade de implantar solucións para o soporte de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas. A súa finalidade e implantar solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.
Dirixidas a pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade SALVO pesca, acuicultura, produción agrícola primaria, sector do aceiro, do carbón, da construción naval ou das fibras sintéticas, tampouco se dirixen ao sector dos transportes, nin a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
Subvención para a posta en práctica de programas integrados de emprego (TR332A): a súa finalidade e mellorar a ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras que se atopen en situación de desemprego e terán unha duración de 12 meses.
Todos os requisitos aquí:
Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (TR350C): estas axudan teñen a finalidade de promover entre as empresas a contratación de persoas mozas de Galicia, a través dunha serie de incentivos con diferentes modalidades de contrato.
A contratación destes xóvenes por conta allea, deberá ter unha duración mínima de 9 meses a xornada completa e contar cun programa de formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas co obxeto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000€ por cada persoa contratada, tanto as novas contratación como as contratacións realizadas ata seis meses antes da publicación desta orde.
Se tes algunha dúbida estaremos encantados de axudarte:

