A partir de mañá venres 4 de decembro, pódense solicitar as axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas de hostalaría e restauración e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servicio de consumo no domicilio convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

A contía desta subvención coa que a Xunta de Galicia quere apoiar a pemes do sector da hostalaría e a restauración, será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento mínimo por solicitude de 1.500 euros. Según as actuacións previstas, o investimento máximo pode ser de 14.000 euros, 7.000 euros e 4.000 euros.

Para que as persoas beneficiarias poidan levar a cabo as actuacións que teñan previstas e que teñen que estar dentro da relación de proxectos subvencionables, realizaranse pagos anticipados de ata un 50% da axuda concedida como financiamento.

O Igape pon a disposición das persoas interesadas en obter máis información, o teléfono 900 81 51 51, o correo electrónico informa@igape.es ou na súa páxina web www.igape.es.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?