Mañá 6 de xuño, comeza o prazo para solicitar as Axudas á DIXITALIZACIÓN da industria 4.0 tal e como ven publicado hoxe no DOG nº105.
Estas subvencións en réxime de concorrencia competitiva, van destinadas á posta en marcha de PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN coa finalidade de implantar solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.
Van dirixidas a pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade SALVO pesca, acuicultura, produción agrícola primaria, sector do aceiro, do carbón, da construción naval ou das fibras sintéticas, tampouco se dirixen ao sector dos transportes, nin a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

– Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º) Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º) Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente                                    deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

– Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha                                     solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de                                         elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e                                               ciberseguridade.
3º Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e                           similares).

Os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000€.

gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

Os proxectos da modalidade colectivo terán preferencia sobre os da modalidade individual

As axudas serñan en

A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas.

A subvención será do 50% dos gastos servizos de consultaría subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas.

Os proxectos deberán acadar unhas puntuacións mínimas para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva que pódense consultar a seguiente ligazón

Publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230605/AnuncioO92-220523-0001_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?