Alberto Núñez Feijóo, avanzou as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios que seguen a evolución da pandemia, que entrarán en vigor a partir deste venres 16 de abril no referente ao toque de queda, hostalaría e residencia de maiores.
Así, o toque de queda pasa das 22 horas ás 23 horas, aínda que se mantén o peche perimetral da Comunidade Autónoma.
En canto a hostalaría, o horario de peche para bares seguirá sendo ás 21 horas pero os restaurantes poderán facelo ás 23 horas, sempre e cando cumpran cunha serie de requisitos aínda por confirmar.
No referente ás residencias de maiores, permitiranse as visitas ilimitas pero de un por un e con cita previa. Ademáis, os maiores poderán saír ao exterior 3 veces á semana, 4 horas ao día.