A Xunta de Galicia presenta o proxecto #AutónomosDixitais dirixido ás persoas traballadoras autónomas que desexen mellorar o seu grao de dixitalización, para poder adaptarse aos cambios na forma de comercializar os bens e servizos provocados pola pandemia.

Baixo o lema “Re-posiciona o teu negocio”, o obxectivo desta iniciativa, que consiste en accións formativas online de carácter gratuito, é a de facer chegar ao sector a importancia de ter desenvolvidas as súas competencias dixitais, mellorando as súas habilidades en xestión loxística, marketing, venda “online”, a relación cós seus clientes ou creación de tendas virtuais.

Dependendo do grado de coñecemento do alumnado, as acción formativas divídense en dous cursos de 50 horas cada uno e que se levarán a cabo entre maio e agosto de 2021:

·         Curso de Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico. Dirixido a persoas sen coñecementos previos.

·         Curso de Especialista en E-commerce. Dirixido a persoas con experiencias profesionais ou formación previas.

Estes cursos impártense en modalidade online, o que permite gozar da flexibilidade necesaria para conciliar horario laboral e horas de estudo. O único requisito de inscrición será o de estar dado de alta como traballador autónomo en Galicia ao comezo da acción formativa. No curso de emprendedores tamén poderán participar aquelas persoas traballadoras autónomas que estean actualmente en situación de baixa como consecuencia do COVID-19.

No Aula Dixital atoparase material didáctico para descargar, videotutoriales explicativos, foros de debate para interactuar con outros alumnos, titor persoal, documentación complementaria, e actividades de reforzo.

Os interesados poderán reservar a súa praza a través do formulario de inscripción que atoparán na páxina web do proxecto: www.autonomosdixitais.comwww.oficinadoautonomo. gal e www.fpgft.gal

Os alumnos que superen con éxito a formación terán dereito a un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta de Galicia.

Con este proxecto, a Xunta de Galicia pretende reforzar o tecido produtivo galego xa que é consciente da importancia de impulsar o progreso e mellora profesional das persoas traballadoras autónomas, algo máis de 209.000 na nosa comunidade, para a recuperación económica.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?