Esta mañá levouse a cabo a firma do convenio de colaboración entre APE Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo co que se comeza unha nova relación entre ambas institucións que esperan sexa beneficiosa, sobre todo, para as persoas traballadoras autónomas da provincia.

No acto, realizado través de videoconferencia, tanto o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, acompañado pola secretaria técnica da asociación, Sonia Acuña, como o secretario xeral da Confederación de Empresario de Lugo, Jaime Luis López Vázquez, mostráronse moi predispostos a colaborar para defender os intereses dos seus asociados, sobre todo, nesta situación crítica que se está a vivir coa pandemia.

Así, ambas entidades facilitarán información sobre as súas respectivas liñas de actuacións que poidan ser de interese para os seus colectivos para o desenvolvemento e apoio da sociedade empresarial galega.

Ademais, as dúas entidades poderán colaborar mutuamente nas accións formativas que poidan realizar, poñendo a disposición mutua, en condicións preferentes, as súas infraestructuras e difundindo as acción entre os seus membros, ofertando condicións preferentes para eles.

Tamén, APE Galicia e a Confederación de Empresario de Lugo poderán realizar conxuntamente proxectos e estudios de manera propia, o en colaboración con terceros, sempre en favor do colectivo.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?